InicioMEDIO AMBIENTEA Mancomunidade amplía o servizo de recollida de cartón e papel comercial

A Mancomunidade amplía o servizo de recollida de cartón e papel comercial

Publicado o

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo vén de comezar esta semana unha campaña de mellora e ampliación do servizo de recollida porta a porta de papel e cartón comercial. O obxectivo é reducir a problemática relacionada coa presenza de cartón e papel na contorna dos colectores azuis, o que dificulta a eficacia dos servizos de limpeza.

Este servizo está dirixido ao comercio e outras actividades do sector servizos, como hostalaría, restauración ou froitarías, produtoras dunha gran cantidade de cartón. Actualmente, segundo os datos do ente supramunicipal, hai un total de 72 establecementos adheridos, dos cales 27 están en Bueu.

Saturación do colector de papel e cartón en Cangas. Imaxe: Mancomunidade.

Con esta acción procurase mellorar a limpeza das rúas así como renovar a imaxe das zonas comerciais, evitando que estes residuos interfiran nos fluxos de recollida de papel e cartón. Búscase tamén sortear a saturación dos contedores azuis destinados ao uso da cidadanía. Desde a Mancomunidade destacan que tamén se conseguirá un aforro de enerxía, emisións e materias primas, logrando unha reciclaxe de calidade. O ano pasado, por exemplo, recolléronse un total de 83,5 toneladas.

Para adherirse ao programa é necesario contactar no teléfono 900725425 ou no enderezo info@mancomunidadedomorrazo.gal. A recollida será os luns e os xoves de 17.00 a 18.00 horas en Bueu, os martes e venres en Cangas e os mércores e sábados en Moaña. O material deberá entregarse limpo, pregado e o máis organizado posible diante do establecemento, sen obstaculizar a vía pública.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...