InicioSOCIEDADEOs cursos de natación empezan o luns coas prazas esgotadas

Os cursos de natación empezan o luns coas prazas esgotadas

Publicado o

Os cursos gratuítos de natación ofertados polo Concello na piscina municipal comezan o luns tras acadar unha moi boa acollida entre a poboación. Segundo os datos do departamento, as 114 prazas esgotáronse en menos dunha semana, tanto para adultos como para a cativada nada entre o 2010 e o 2016. Á vista da demanda e para ampliar a cobertura ás persoas en lista de agarda, tamén se habilitaron máis horarios os mércores, de tarde e de mañá, con 57 prazas máis.

Tal e como indican desde a concellaría de deportes, os cursos de iniciación e perfeccionamento serán impartidos polo Club de Natación Galaico de Pontevedra. Precisamente, esta semana tivo lugar unha reunión co club na que participaron o alcalde, Félix Juncal, o concelleiro de Deportes, Ricardo Verde, e o edil de Cultura e Ensino, Xosé Leal.

Reunión co Club de Natación Galaico, que impartirá as clases de natación. Imaxe: Concello.

As clases de balde terán lugar de outubro a decembro, á espera da finalización do proceso de licitación do contrato de servizos para a apertura total da piscina. No caso de que o contrato non estea operativo a comezos de ano, as actividades serán prolongadas ata completar a tramitación administrativa. “Esta iniciativa pretende continuar a aposta do goberno local polos hábitos saudables ao tempo que se ofrecen alternativas para a cidadanía”, apunta o edil de Deportes, Ricardo Verde.

Clases de ximnasia

Outra das actividades que gozou de boa resposta entre a veciñanza son as clases de ximnasia do programa “Manténdonos en forma”, que empezan este luns tanto no centro como nas parroquias. As clases que se desenvolverán na piscina xa cubriron as 150 prazas ofertadas, mentres que en Cela hai 14 persoas participantes, en Beluso hai 14 e 57 e en Meiro. Desde o departamento indican que as persoas que queiran participar aínda poden facelo en Cela e en Beluso, entregando unha solicitude no rexistro xeral.

Na mesma liña, hai clases de ximnasia para persoas con Parkinson, que se imparten en colaboración con Apropark e nas que participan 27 usuarios e usuarias. “Desde o Concello continuamos cun ambicioso programa con gran acollida na poboación e que achega o deporte e a saúde a moitas franxas da poboación”, explica Verde.

Paralelamente, tamén se continúa coa apertura gratuíta da piscina con horario de luns a venres de 9.00 a 12.00 horas pola mañá e de 17.00 a 21.00 horas pola tarde e os sábados de 9.00 a 12.00 horas. As persoas poden obter máis información para inscribirse no teléfono 986138689 ou escribir ao enderezo piscina@concellodebueu.gal. Desta mesma forma poderase proceder para participar nas clases de zumba.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...