InicioCULTURAA científica bueuesa Isabel Pastoriza recibirá a Medalla da Investigación 2022

A científica bueuesa Isabel Pastoriza recibirá a Medalla da Investigación 2022

Publicado o

A investigadora e científica bueuesa Isabel Pastoriza recibirá, o vindeiro 6 de outubro, a Medalla de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) no ámbito da Química e a Xeoloxía. Este galardón premia aquelas traxectorias senlleiras e consolidadas en investigación desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e da tecnoloxía.

Isabel Pastoriza, nada en Bueu en 1974, é profesora titular no Departamento de Química física da Universidade de Vigo. A Academia Galega de Ciencias destaca “a súa capacidade para deseñar e desenvolver importantes proxectos científicos, así como para dirixir a mozos investigadores e participar activamente na xestión da Química en España”. Outro dos feitos que a levou a gañar este recoñecemento é o seu traballo no campo do deseño de nanopartículas durante máis de vinte anos, onde realizou achegas moi relevantes e con aplicacións como na diagnose da covid.

A científica bueuesa Isabel Pastoriza. Imaxe: DUVI.

“Síntome moi honrada por recibir esta distinción. Debo e quero compartir o premio con todas as persoas que me acompañaron e apoiaron ao longo da miña traxectoria investigadora, así como tamén coa Universidade de Vigo”, explica Pastoriza, que suma máis de 40 artigos en revistas científicas internacionais.

Isabel Pastoriza, á dereita da imaxe, no recoñecemento en marzo polo Concello de Bueu.

A bueuesa foi galardoada no 2021 co Premio á Excelencia Investigadora da Real Sociedad Española de Química e o pasado mes de marzo o Concello de Bueu recoñeceu o seu traballo no marco das actividades polo Día da Muller.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...