InicioPOLÍTICAO Concello organiza unha charla informativa sobre o Servizo de Atención Temperá

O Concello organiza unha charla informativa sobre o Servizo de Atención Temperá

Publicado o

O Concello de Bueu organiza este mércores unha charla para informar sobre o Servizo de Atención Temperá que vén de poñer en marcha. O coloquio, que é aberto á cidadanía, terá lugar ás 19.00 horas no Centro Social do Mar.

O Servizo de Atención Temperá (SAT) está dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como a súa familia e contorna. A finalidade é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social cun conxunto de intervencións para facilitar a autonomía persoal.

Visita á aula na que terá lugar o Servizo de Atención Temperá. Imaxe: Concello.

O equipo SAT Bueu, que traballa nunha aula na rúa Santán, conta cun logopeda, unha fisioterapeuta e unha psicóloga con formación e experiencia no desenvolvemento infantil.

As persoas interesadas en obter máis información poderán contactar co servizo no teléfono 623292191 ou no enderezo bueusat@gmail.com. Este programa finánciase no marco da Rede Galega de Atención Temperá, co apoio da Unión Europea. O Concello destaca que leva moitos anos implementando políticas sociais, para o apoio de todas as persoas.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...