InicioCULTURAO PP destaca o potencial cultural da vila e demanda unha "programación...

O PP destaca o potencial cultural da vila e demanda unha “programación máis ampla” ao goberno local

Publicado o

A Comisión de Cultura do PPdeG, presidida polo bueués Daniel Chapela, visitou onte diversos lugares da vila como as mámoas de Castiñeiras ou o Museo Massó, ademais de manter unha reunión co FICBUEU. Neste acto tamén participaron o presidente provincial do PP, Luis López; a voceira local, Elena Estévez; o director de Agadic, Jacobo Sutil e membros do grupo municipal do PP. Xuntos reivindicaron o “potencial cultural” da vila e do cinema galego á vez que solicitaron actuacións como “unha programación cultural” máis ampla por parte do goberno local e a aprobación do PERTE cultural ao goberno central.

“A Xunta de Galicia traballa arreo na cultura galega, do que é unha mostra clara o investimento que se vai facer nestes anos na vila de Bueu”, expresou o presidente provincial. López fixo alusión á achega de 1.1 millóns de euros para a ampliación do Museo Massó, que se atopa en fase de licitación e cuxas obras empezarán o vindeiro ano, así como aos 200.000 euros destinados á creación da sala arqueolóxica do Bueu romano.

Un momento da visita realizada onte pola Comisión de Cultura do PPdeG ás mámoas de Castiñeiras.

PERTE cultural

Na súa intervención, o presidente da Comisión insistiu, como en anteriores ocasións, na solicitude ao goberno central da aprobación do PERTE cultural. “Preparouno a Xunta de Galicia xunto ao sector con consenso e permitirá un investimento de 400 millóns de euros neste ámbito, que representa o 3{de2d998e83ba88b947bad9f42506f923df663f53bc853af09ae0ef5331d0a724} do PIB de Galicia e un 3.6{de2d998e83ba88b947bad9f42506f923df663f53bc853af09ae0ef5331d0a724} do emprego”, explicou Chapela.

Reunión dos membros da Comisión de Cultura co FICBUEU na súa sede.

Máis programación cultural na vila

A outra demanda centrouse na programación cultural da vila levada a cabo polo goberno local. A voceira do PP de Bueu, Elena Estévez, apuntou á riqueza cultural da vila e destacou a “falta de propostas e iniciativas do goberno, que vai nun papel secundario”. A popular demanda a BNG e ACB unha “programación anual, máis variada e ampla e para todas as franxas de idade”. Así, indicou que nas comisións informativas dos tres últimos anos “non houbo ningunha proposta do goberno nin da concellaría de Cultura”.

A voceira tamén reivindicou “unha nova política de xestión dos espazos patrimoniais” e puxo como exemplo o estado das mámoas de Castiñeiras e da ruta dos muíños do Canudo. “Son inaccesibles pola maleza, tendo a súa cartelería ilexible e sen accións por parte da concellaría de Patrimonio para a súa posta en valor”, concluíu.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...