InicioSUCESOSO peregrino máis famoso de España pasa por Bueu

O peregrino máis famoso de España pasa por Bueu

Publicado o

Enrique Balsera, coñecido como “o peregrino máis famoso de España”, xa anotou un novo destino na súa libreta: Bueu. Este cordobés, que leva seis anos camiñando, fixo parada hoxe na vila xunto ao seu inseparable compañeiro, o burro “Espíritu Santo”.

Enrique Balsera, o peregrino máis famoso de España, esta tarde en Bueu xunto ao burro “Espíritu Santo”.

nA súa presenza polas rúas non deixou indiferente a ninguén e foron moitos os veciños e veciñas de todas as idades que se aproximaron a fotografalo. Porén, a historia de Enrique comezou moitos anos atrás, despois dun tráxico accidente no que quedou parapléxico. Ante a isto, o cordobés prometeu que se volvía a camiñar emprendería unha viaxe a pé. Logrouno. E hoxe, seis anos despois desa promesa con estímulo relixioso, segue camiñando e sumando destinos de todas as provincias do país. Sen ir máis lonxe, esta semana xa estivo en Pontevedra e Marín.

Nado en Peñarroya-Pueblonuevo, leva sempre con el unha libreta, onde apunta o nome de todos aqueles que se achegan a falar ou facerse unha fotografía con el. Tamén inclúe o nome do sitio onde se atopa. Agora, despois de pasar por Bueu, Balsera continúa a súa peregrinación ata Roma.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...