InicioMEDIO AMBIENTEO cámping de Ons, candidato a uns premios europeos de turismo sostible

O cámping de Ons, candidato a uns premios europeos de turismo sostible

Publicado o

O cámping de Ons vén de ser elixido como candidato aos Star Awards 2022,uns premios europeos de turismo que recoñecen a sostibilidade de empresas turísticas así como a protección do patrimonio natural e cultural.

Os galardóns son entregados pola Federación EUROPARC, que reúne institucións de 39 países dedicadas á xestión de áreas protexidas así como á defensa da natureza.

O motivo da candidatura ten orixe na Carta Europea de Turismo Sostible (CETS),unha acreditación europea outorgada por EUROPARC, e que cataloga oc ámping de Ons omo o primeiro cámping

autosostible de Galicia, aplicando os principios deste tipo de turismo.

Unha imaxe do cámping da Illa de Ons.

O cámping de Ons, que xa conta co selo “S” de Sostibilidade Turística, pechou temporalmente ás súas portas coa fin do verán, pero xa ten en mente a súa próxima apertura durante a Semana Santa.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...