InicioCULTURATrece establecementos inauguran hoxe a Ruta das Tapas Cinco Estrelas

Trece establecementos inauguran hoxe a Ruta das Tapas Cinco Estrelas

Publicado o

Co inicio de setembro chega unha das citas gastronómicas máis agardadas na vila, a Ruta das Tapas Cinco Estrelas. Esta iniciativa, organizada polo Concello, o FICBUEU e a Asociación de Hostalaría da vila, celebra a súa sétima edición do 9 e ao 18 de setembro. O obxectivo, porén, segue a ser o mesmo: unir o cinema coa gastronomía durante a semana do festival.

Este ano serán trece os establecementos os que ofrezan elaboracións inspiradas en cinema, que se poderán degustar tanto ao mediodía como pola noite, nos horarios estipulados por cada local. Concretamente, participan: A Cepa, Buena Vibra, Casa Quintela, Casa Videira, Esmorga, Morriña, Noite Tapas, O Farol, O Ratiño Pequeno, Pyramis, Secretos del Mar, Volver e Casa Benito. “Teremos a posibilidade de coñecer un ano máis a diversidade da nosa hostalaría, que é das mellores”, indica a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo.

Os petiscos terán un custe de 2.50 euros e a clientela terá a posibilidade de gañar un dos tres vales de 50 euros para consumir na hostalaría. Para participar neste sorteo, as persoas deberán reunir cinco selos (un por tapa) e entregar o papel na Oficina de Turismo de Bueu.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...