InicioMEDIO AMBIENTEA "ermeloíta", un mineral inédito no mundo descuberto no Monte Ermelo

A “ermeloíta”, un mineral inédito no mundo descuberto no Monte Ermelo

Publicado o

As primeiras análises sinalaron que o corpo sólido achado no Monte Ermelo non se atopaba rexistrado en ningunha base de datos internacional

O Monte Ermelo, considerado xunto á aldea de igual nome como cerne do Morrazo, suma a partir de agora un novo fito histórico: o descubrimento dun mineralnunca antes rexistrado no mundo. O novo mineral, que recibe o nome de “ermeloíta“, foi recollido en campo por José Carlos Rodríguez Vázquez,Moisés Núñeze Manuel Cerviño e vén de ser identificada polo persoal técnico de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A ermeloíta pasará aos libros de xeoloxía como o cuarto mineral descuberto en Galicia.“Na comunidade descubríronse tres minerais ao longo da historia: a morenosita, a cervantita e a bolivarita, todos eles achados na metade do século XIX”, explica Óscar Lantes, responsable da Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais da USC. Deste xeito, a ermeloíta é o primeiro material descuberto en terra galega no século XXI.

A ermeloíta, descuberta no Monte Ermelo. Imaxe: USC.

O novo material xa está oficialmente recoñecido pola International Mineralogical Association (IMA) como nova especie, sendo a súa localidade tipo o Monte Ermelo e o exemplar tipo o analizado desde a USC. Precisamente, despois de achalo, o equipo sospeitou que se podía tratar dun novo material e realizou diversas análises con técnicas calorimétricas ou de fluorescencias de raios X, entre outras.

Fito histórico

“Este descubrimento ten repercusións históricas por ser tan poucos os minerais que se descubriron desde Galicia e reforza a importancia das investigaciónsna mineraloxía, en especial no contexto xeopolítico actual coa necesidade de materias primas estratéxicas”, reflexiona Lantes.

Guillermo Zaragoza e Carlos Rodríguez, persoas que descubriron a ermeloíta. Imaxe: USC.

Porén, o fragmento atopado é pequeno, polo que aínda non se aventuran a dotalo de posibles aplicacións industriais ou tecnolóxicas. Aínda así, non descartan que a partir deste achado sexa posible identificar esta especie en ambientes similares noutras formacións xeolóxicas no mundo.

Os investigadores sinalan que a ermeloíta, de ton case branco, pasa desapercibido e é facilmente confundible con outros minerais de cores claras. Polo de agora, o exemplar tipo da ermeloíta localizado en Ermelo será exposto no verán do vindeiro ano nunha mostra no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela. Posteriormente, será depositado de forma permanente no Museo de Historia Natural (MHN) da USC para futuras investigacións.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...