InicioCULTURAO primeiro centro de estudos cinematográficos fundado en España protagoniza o "Caderno...

O primeiro centro de estudos cinematográficos fundado en España protagoniza o “Caderno FICBUEU #3”

Publicado o

En plena conta atrás para a celebración da 15ª edición do FICBUEU, vanse coñecendo algúns dos seus detalles. Nesta ocasión, a publicación “Caderno FICBUEU #3” e a Sección Retrospectiva estarán protagonizadas polas curtametraxes do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, posteriormente reformulado como Escola Oficial de Cinematografía.

Esta será a primeira edición na que se poña o foco en España, coa análise dos filmes realizados de 1947 a 1976. Estas pezas están consideradas como un dos xermes do cinema español actual, ao dar paso á nova xeración de cineastas que reformaron a industria na década dos 50, 60 e 70.

O monográfico, titulado como “As prácticas do IIEC e a EOC como primordio dun novo cinema español (1947-76)”, será presentado o sábado 17 ás 11 horas no Punto de Encontro do festival. O seu autor, Severiano Casalderrey, será o encargado de expoñer a transcendencia das curtametraxes realizadas neses anos.

Así mesmo, durante o festival, o público poderá asistir ás proxeccións destes filmes, que se inclúen na Sección Retrospectiva. Están programadas do luns 12 ao xoves 15 ás 17.00 horas, con entrada de balde previa retirada de convite no despacho de billetes. Ademais, ao presentar os boletos destas proxeccións, entregarase como agasallo un exemplar do monográfico.

Os Cadernos FICBUEU examinaron xa nas edicións anteriores as curtametraxes da Nouvelle Vague francesa e da National Film Board of Canada. A obra está editada en inglés e en galego, contando co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...