InicioSUCESOSDeteñen a un home en As Meáns acusado de ameazar e cometer...

Deteñen a un home en As Meáns acusado de ameazar e cometer roubos

Publicado o

Esta tarde comezou en Bueu coa detención, por parte da Garda Civil, dunha persoa de 24 anos de idade (J.J.G) acusada de cometer varios delitos como roubos e ameazas á veciñanza en diversas ocasións. O arresto tivo lugar a primeira hora da tarde na zona de As Meáns, ao mesmo tempo que se producía unha concentración da veciñanza para dar a coñecer a situación que estaban vivindo e que chegou a cortar o tráfico en varios momentos da estrada PO-551, producindo retencións.

Efectivos da Policía Local e da Garda Civil levaban mobilizados desde ás 13.00 horas no punto para deter a J.J.G, que tiña diversas ordes de arresto. A veciñanza levaba concentrada tamén desde o mediodía para denunciar a súa preocupación pola inseguridade que o individuo estaba a xerar no lugar ao berro de “fóra de Bueu, ladrón” ou “os xitanos non son malos”. Nalgúns momentos, os concentrados chegaron a cortar o tráfico da estrada PO-551, ocasionando retencións en ambas direccións e tendo que ser redirixido o tráfico en dirección á rúa Montero Ríos.

O acusado atopábase no interior do edificio no que vivía e tamén se mobilizaron aos bombeiros. Finalmente, tras máis dunha hora, J.J.G foi detido e trasladado no vehículo da Garda Civil en dirección ao Xulgado de Marín. Tras isto, os veciños, que no momento da detención aplaudiron o arresto, abandonaron o lugar.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...