InicioMEDIO AMBIENTECabo Udra e Ons, áreas prioritarias de restauración ecolóxica na Estratexia de...

Cabo Udra e Ons, áreas prioritarias de restauración ecolóxica na Estratexia de Infraestrutura Verde

Publicado o

A Xunta de Galicia vén de someter a información pública a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde co obxectivo de recoller aportacións e suxestións ao documento. Precisamente, neste proxecto propóñense case 300 zonas prioritarias de restauración ecolóxica en Galicia entre as que se atopan dous lugares de Bueu, CaboUdra e o arquipélago de Ons.

No documento, publicado baixo o nome de Estratexiagalegadeinfraestruturaverdeedaconectividadeearestauraciónecolóxicas,alúdese á análise do estado de conservación das especies protexidas e dos tipos de hábitats publicada pola Comisión Europea. “Pon en evidencia que a totalidade dos hábitats de interese comunitario da rexión bioxeográfica Atlántica atópanse nun estado de conservación desfavorable“, indica o informe, antes de sinalar a existencia de áreas cun forte desequilibrio ecolóxico que precisan “urxentes medidas de xestión e restauración”.

Imaxes de Cabo Udra.

Na Estratexia de Infraestrutura Verde identifícanse 293 puntos como áreas prioritarias de restauración ecolóxica, algunhas delas recoñecidas pola cidadanía no proceso de participación pública paralelo á elaboración da estratexia ou derivadas da análise territorial realizada por grupos de investigación.

No caso de Bueu, a Estratexia sinala Cabo Udra eo arquipélago de Ons como as dúas zonas prioritarias de restauración ecolóxica. Porén, o informe distingue diferentes tipos de actuacións en función da área.

Sobre Cabo Udra, por exemplo, apunta á necesidade de adoptar medidas específicas para reduciros efectos dous o público sobre os hábitats de especies e tamén ao emprego de medidas para o control ou mitigación de poboacións de especies exóticas.No caso de Ons, ademais das medidas anteriores, tamén se incorpora a recuperación da estrutura, composición e funcionamento dos hábitats terrestres.

Tamén se recollen outras zonas de restauración na comarca do Morrazo como a praia de Area brava ou a Costa da Vela ou na provincia de Pontevedra como a Illa da Toxa, Cabo Silleiro ou o arquipélago de Cíes.

Vista da Illa de Ons.

A Estratexia Galega da Infraestrutura Verde foi redactada para dar cumprimento ás obrigas contempladas nas estratexias europea e estatal.A Unión Europea definiu a infraestrutura verde como unha rede de zonas naturais e seminaturais, planificada de forma estratéxica, deseñada e xestionada para a prestación de servizos ecosistémicos, incorporando espazos verdes ou azuis, elementos físicos de espazos terrestres e mariños.

O proceso galego comezou no 2017con encontros comarcais e no 2021 o borrador foi remitido ás Consellerías. Agora, no 2022, o texto resultante sométese a información pública para continuar a súa tramitación. Durante os vindeiros dous meses, a sociedade poderá facer as consideracións oportunas para conseguir recoller aportacións e suxestións a través dun formulario de participación.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...