InicioCULTURAUn percorrido pola lingua de Ons

Un percorrido pola lingua de Ons

Publicado o

“Até aquí podo contar. A Lingua da Illa de Ons”. Este é o título do libro no que o filólogo bueués José Manuel Dopazo Entenza publica o seu estudos o brea lingua da illa,que comezou no 2010. Precisamente, o autor presentou a obra durante a celebración da Freguifesta de Ons, a pasada fin de semana.

Tal e como indica Dopazo, a obra recompila algúns dos seus análises xa publicados e outros que aínda non viran a luz e que xiran arredor de catro aspectos. O primeiro deles é o fonético, sobre o que o filólogo sinala que “son os que máis identifican, os que menos podemos alterar pero perduran”. Os demais aspectos que compoñen a investigación son os morfolóxicos,os sintácticos e os pragmáticos. Nestes últimos, por exemplo, o autor analizou elementos como os silencios.

O filólogo bueués José Manuel Dopazo durante a presentación da obra en Ons. Imaxe: Cedida.

Pero a obra, editada por ChandaPólvora, vai máis alá da investigación e narra a súa propia orixe e desenvolvemento. “Non é só un estudo da lingua intentando ser divulgativo, senón que tamén é a historia do estudo en si e do percorrido vital que fixen para chegar a el”, explica Dopazo, que lembra como desde a súa infancia estivo rodeado de xente da illa. “Miña avoa tiña unha tenda, crieime detrás dun mostrador escoitando a todas as mulleres da illa que viñeron naquel momento e continuaron a súa vida tal e como era”, lembra o bueués, que tamén se criou entre regateiras.

O filólogo tamén recorda agradablemente o traballo de campo,todos aqueles días que, gravadora en man, foi recollendo a fala de Ons. “Cando empecei a gravar tiña vinte anos, en novembro de 2010, fun petando porta por porta das persoas que eran da illa”, apunta. Unha experiencia que continuou durante os anos e que fixo posible os resultados da investigación, hoxe materializados no libro. “O traballo de campo é sempre gratificante e en Ons moito máis, agora xa formo parte da comunidade”, expresa.

Ademais, a publicación inclúe unha serie de fotografías históricaspara ilustrala e narra o traballo doutras persoas como Staffan Mörlingou Álvaro das Casasen Ons. Dopazo pon o foco tamén no feito deengadir textos de persoas falando. “Dan unha visión non só da lingua, senón tamén da realidade que viviu a xente, unha perspectiva social e histórica“, engade.

O autor asinando exemplares en Ons.

Ante a situación do galego, Dopazo manifesta que a visión da illa é a que recollen os textos. “Puido ser un lugar habitado, cun grupo social bastante potente, se no seu momento contase co porto tal e como estaba proxectado no ano 1958. Como a xente empezou a ter barcos motores e non había maneira de sustentar iso, acabaron marchando para Bueu ,Pontevedra, OGrove, Cangas e a lingua marchou con eles. Non ten sentido unha comunidade se non ten un territorio e unhas relacións sociais propias para poder manter a lingua“, reflexiona o autor.

A idea da publicación do libro chegou cando Dopazo coñeceu a Antón Lopo, director da editorial Chan da Pólvora, durante a realización da súa tese sobre Ons. Lopo, que dirixe a editorial fundada en Ons, viu a oportunidade para abrir unha nova vía de publicación de estudos sobre a illa. Agora, tres anos despois da súa escrita, o libro viu a luz cunha primeira parada en Ons.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...