InicioCULTURAO FICBUEU abre a venda de entradas para a 15ª edición

O FICBUEU abre a venda de entradas para a 15ª edición

Publicado o

O Festival Internacional de Cinema de Bueu, que se celebrará do 11 ao 24 de setembro na vila, vén de abrir a súa tenda en liña así como a venda de entradas e abonos para esta agardada cita cinematográfica.

Desde esta mañá xa se poden adquirir as entradas para o festival a diferentes prezos. O abono para a Sección Oficial ten un custo de doce euros e dará acceso ás cinco sesións de proxeccións, que terán lugar do luns 12 ao venres 16, coa posibilidade de seleccionar o horario das 19 ou 21 horas. Tamén se poden mercar os boletos individuais, cun prezo de tres euros, dispoñibles para outras seccións como Descubertas, Galicia R ou España.

A través desta ferramenta pódese conseguir a entrada para outras actividades como a gravación do programa de radio Carne Cruda, cun prezo de cinco euros ou a proxección de “Zerkalo”, por tres euros. Para a I Xornada Cinematográfica, que será o sábado 24, o único requisito será reservar praza a través do formulario da web.

Para asistir ao acto inaugural, no que se proxectará as curtas dos obradoiros FICBUEU, será preciso retirar un convite. O mesmo ocorre coa Gala Escolas Galegas, a Sección Curtas en Familia e a Sección Retrospectiva. De balde tamén serán outras actividades como a presentación do Caderno FICBUEU#3 ou o concerto de Tulsa.

As entradas tamén se poderán adquirir de xeito presencial no despacho de billetes do Centro Social do Mar, do 5 ao 10 de setembro en horario de 18.00 a 20.00 horas ou antes de cada actividade e proxección.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...