InicioSOCIEDADEJesús Cintora enche o Centro Social do Mar na presentación de "No...

Jesús Cintora enche o Centro Social do Mar na presentación de “No quieren que lo sepas”

Publicado o

Cinco anos despois, Jesús Cintora regresou a Bueu. Un tempo no que cambiaron moitas cousas a nivel político e xornalístico, tanto para el como para a sociedade. Cinco anos desde “Conspiraciones” ata “No quieren que lo sepas”. Pero Bueu tiña ganas de sabelo e dez minutos despois da apertura de portas, o Centro Social do Mar xa estaba cheo para unha das presentacións máis agardadas deste verán. Bueueses e tamén visitantes de diversos lugares encheron o patio de butacas para recibir ao xornalista na presentación do seu derradeiro libro, “No quieren que lo sepas”.

O acto, organizado por Libraría Miranda, contou tamén coa presenza da xornalista Ana Pardo de Vera, que foi a encargada de realizar a primeira intervención. Nela definiu a última obra de Cintora como un “libro valente” á vez que reivindicou a necesidade de que os cidadáns esixan aos medios de comunicación unha información rigorosa e contrastada. “A cultura e o xornalismo fannos libres”, concluíu Pardo de Vera.

Jesús Cintora e Ana Pardo de Vera durante a presentación.

Cintora, pola súa parte, comezou cunha volta as súas orixes, a súa infancia nun pobo de Soria e aos seus primeiros anos como xornalista. Tamén puxo o foco sobre a súa saída d0s programas “Las cosas claras” e “Las Mañanas de Cuatro”. “Non te permiten contar certas cousas, tanto cun goberno como con outro”, engadiu.

Ambos xornalistas emprenderon un coloquio no que tamén chegaron á actualidade con temas como o caso do rei emérito, as portas xiratorias, a sanidade ou o control nos medios de comunicación. Sobre estes últimos apuntaron a existencia dun modelo de concentración e con maior predominancia de programas de entretemento. O evento, que se prolongou durante máis de dúas horas, rematou cunha quenda de preguntas e unha firma de exemplares aos asistentes.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...