InicioECONOMÍA"Bueu non stock" abre as súas portas con 17 establecementos e prezos...

“Bueu non stock” abre as súas portas con 17 establecementos e prezos rebaixados

Publicado o

Os máis madrugadores xa puideron gozar dos primeiros descontos que 17 establecementos do comercio local ofrecen na segunda edición de “Bueu non stock”. As xaimas desta Feira de Oportunidades, situadas no aparcamento de As Lagoas, estarán abertas desde hoxe e ata o domingo.

Precisamente, a feira inaugurouse esta mañá coa presenza do director de Comercio da Xunta, Manuel Heredia; o alcalde da vila, Félix Juncal; a presidenta do Centro Comercial Aberto de Bueu, Ana María Ave e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo. Todos eles coincidiron na importancia do evento, que levaba sen celebrarse desde o 2010 na vila e repercute positivamente no sector comercial local.

O director de Comercio, Manuel Heredia, destacou o apoio da Xunta a este tipo de iniciativas. “Mobilizamos 15 millóns de euros nos últimos cinco anos en axudas aos centros comerciais abertos”, indicou. Pola súa parte, o alcalde bueués, Félix Juncal, puxo en valor a recuperación do evento. “Temos que seguir compartindo estes proxectos, unha forma de poder aportar recursos económicos desde o Concello e outras administracións para favorecer ao comercio local“, engadiu Juncal. En último lugar, a presidenta do CCA de Bueu fixo fincapé na importancia de “unir forzas” para seguir adiante co comercio de proximidade.

No acto tamén estiveron presentes outros membros da corporación como o edil de Cultura, Educación e Medio Ambiente, Xosé Leal así como a voceira do PP, Elena Estévez.

Tres días de descontos

O evento, promovido pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU) e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), ten horario de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas, pechando o domingo ás 22.00 horas.

Os asistentes poderán atopar prezos rebaixados dos 17 establecementos participantes: 7 fresas, Aleali Zapatería, Cinaniashop, Colorín Colorado, Cousiñas de Kela, El Hilo Rojo, El Rincón de Aria, Eli Bonet, Gáidil, Joyería Artegalia, Joyería Perfumería Castro, Lencería Irelba, Melena de León, Muy Mía, Nene’s Moda Infantil, OSBS Clothing e Pepeluchos. Todos eles agardan baleirar os seus almacéns para vindeiras tempadas, así como recuperar parte da inversión.

Para amenizar a estancia tamén están instalados inchables que funcionarán polas tardes e cuxas entradas serán proporcionadas nos postos das empresas, coas compras realizadas.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...