InicioCULTURA"Versos para a diversidade", un encontro literario LGTBIQA+

“Versos para a diversidade”, un encontro literario LGTBIQA+

Publicado o

rancha Nogueira, Sica Romero, Míriam Ferradáns, Lara Dopazo, Andrea Nunes, Samuel Merino & Fernán Permuy, Nico Elsker, Silvia Penas e Alberte Bello. Elas serán as artistas solidarias coas que contará “Versos para a diversidade”, un encontro literario LGTBIQA+ organizado por Codimo (Colectivo Diverso do Morrazo) e que terá lugar o vindeiro venres no Aturuxo, ás 20.00 horas.

Codimo é o primeiro colectivo LGTBIQ+ do Morrazo, con orixe tralo asasinato de Samuel Luiz o verán pasado. “Foi a gota que colmou moitos dos nosos vasos, repletos xa antes de dor, inxustiza e violencia”, indican desde a asociación.

A súa actividade foise estendendo co paso do tempo, comezando con algunha concentración así como actividades nos centros educativos. Tamén uniron folgos para levar a cabo a primeira manifestación da diversidade do Morrazo.

Agora, con “Versos para a diversidade” celebran o seu primeiro evento en Bueu, no que un en múltiples vertentes artísticas para reivindicar a diversidade. “É importante visibilizar, normalizar, tecer redes de coidados e apoio así como crear espazos seguros para o colectivo ao longo de todo o Morrazo”, sinalan desde Codimo.

O evento, ademais do recital poético, mesturará diversas artes e contará cunha performance teatral por parte de varias artistas, un micrófono aberto e algún conto. “Versos para a diversidade” rematará con música para amenizar a velada.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...