InicioMEDIO AMBIENTEBueu supera o reto de Ecoembes e incrementa a reciclaxe de plásticos

Bueu supera o reto de Ecoembes e incrementa a reciclaxe de plásticos

Publicado o

O premio será destinado á Asociación de Parkinson de Pontevedra

Durante os meses de marzo, abril e maio, Bueu tiña un desafío coa reciclaxe. O municipio formaba parte da campaña “Únete ao reto!”, promovida pola Xunta e Ecoembes co obxectivo de incrementar un 10% a recollida de residuos d ocontedor amarelo con respecto ao 2021. Tralo peche da campaña, a Mancomunidade de Concellos do Morrazo superou o retoe cada municipio conseguiu 1.000 euros para destinar a causas sociais

Recollida dos premios polas alcaldesas de Cangas e Moaña e a xerente da Mancomunidade.

Onte tivo lugar o acto de entrega dos vales económicos, na Bodega Vía Romana de Chantada. Alí estiveron as alcaldesas de Cangas e Moaña, Victoria Portas e Leticia Santos, así como a xerente da Mancomunidade do Morrazo, Alba Álvarez. O rexedor de Bueu non puido acudir por motivos de axenda, pero deu a coñecer que Bueu destinará o premio á Asociación de Parkinson de Pontevedra (Apropark). Pola súa parte, Cangas fará entrega do vale á Asociación de Persoas Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam) e Moaña á Asociación de Familiares de Perosas con Alzheimer (Afamo).

Na campaña “Únete ao reto!” participaron 13 municipios, dos que 8 foron quen de superar o reto. Durante o acto, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, puxo en valor o compromiso das entidades locais.Precisamente, os municipios acolleron durante o período de participación diversas accións a pé de rúa como a instalación dun contedor amarelo de grandes dimensións.

Contedor amarelo instalado en Bueu.

Desde a Mancomunidade do Morrazo indican que continúan traballando para incrementar a reciclaxe e reducir a pegada dos residuos no medio ambiente. Actualmente, estase levando a cabo o establecemento da campaña “Porta a porta” para a recollida da fracción orgánica entre os locais hostaleiros así como a instalación de contedores selectivos.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...