InicioMEDIO AMBIENTEAgrelo acolle un proxecto de voluntariado sobre a evolución dos areais

Agrelo acolle un proxecto de voluntariado sobre a evolución dos areais

Publicado o

O proxecto internacional de ciencia cidadá CoastSnap, do que Bueu forma parte desde 2019 para estudar os cambios da costa, continúa a medrar. Será grazas a posta en marcha dun proxecto de voluntariado, froito da colaboración da Universidade de Vigo, o Concello de Bueu e FECYT.

Como xa adiantou a este xornal a coordinadora do proxecto en Galicia, Rita González, trátase dun proxecto piloto para o emprego dunha nova aplicación. A través dela, os usuarios poderán rexistrar, dunha maneira moi sinxela, os cambios que detectan nas praias da vila.

Base de CoastSnap instalada na praia de Agrelo.

A acción formativa terá lugar o sábado 30 de xullo ás 11.00 horas no Centro de Interpretación de Agrelo. As persoas que desexen participar na actividade deben inscribirse previamente a través dun formulario dispoñible na web do Concello ou no teléfono 986 39 00 29 (ext.2).

Coast Snap é un innovador sistema que permite o seguimento de praias a nivel internacional. Grazas á instalación de bases como a de Agrelo para apoiar os teléfonos, a veciñanza pode compartir fotografías que posteriormente os investigadores empregan para analizar os cambios da liña de costa.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...