InicioCULTURAAbre o prazo de inscrición para a hostalaría que desexe participar na...

Abre o prazo de inscrición para a hostalaría que desexe participar na Ruta das Tapas 5 Estrelas

Publicado o

Unha das citas máis agardadas polos amantes da gastronomía regresará á vila en setembro. A concellaría de Promoción Económica de Bueu e o FICBueu organizan unha nova edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, que se desenvolverá do 9 ao 18 de setembro, coincidindo co festival como xa vén sendo habitual.

Os locais hostaleiros que desexen participar na ruta deberán inscribirse entre o 15 e o 27 de xullo a través dun formulario na web do Concello, tal e como avanza a concelleira da área, Silvia Carballo.

Ao igual que o ano pasado, as persoas participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, cun selo por tapa consumida. Tal e como indican desde Promoción Económica, as rutas de tapas supoñen unha fórmula para dinamizar a hostalería local á vez que se ofrece unha alternativa de ocio vinculada a diversos eventos, neste caso co FICBueu.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...