Unha das citas máis agardadas polos amantes da gastronomía regresará á vila en setembro. A concellaría de Promoción Económica de Bueu e o FICBueu organizan unha nova edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, que se desenvolverá do 9 ao 18 de setembro, coincidindo co festival como xa vén sendo habitual.
Os locais hostaleiros que desexen participar na ruta deberán inscribirse entre o 15 e o 27 de xullo a través dun formulario na web do Concello, tal e como avanza a concelleira da área, Silvia Carballo.
Ao igual que o ano pasado, as persoas participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, cun selo por tapa consumida. Tal e como indican desde Promoción Económica, as rutas de tapas supoñen unha fórmula para dinamizar a hostalería local á vez que se ofrece unha alternativa de ocio vinculada a diversos eventos, neste caso co FICBueu.