InicioMEDIO AMBIENTEUnha reciclaxe con premio para os colectivos sociais

Unha reciclaxe con premio para os colectivos sociais

Publicado o

Despois de conseguir superar o reto de reciclaxe de Ecoembes e de recibir os premios económicos correspondentes, os municipios da Mancomunida de entregaron esta mañá os vales de 1.000 euros ás tres asociacións escollidas para a ocasión. Bueu fixo entrega do cheque á Asociación de Parkinson de Pontevedra (Apropark), Cangas á Asociación de Persoas Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam) e Moaña á Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (Afamo).

Entrega dos vales de 1.000 euros ás asociacións esta mañá no Centro Social do Mar.

A campaña “Recicla e únete ao reto!”, promovida por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, perseguía que os municipiosi ncrementas en un10% a reciclaxede plásticos. Os municipios que o acadaran recibirían 1.000 euros cada un para destinar a unha causa social. Esta vertente escenificouse esta mañá no Centro Social do Mar, onde representantes de Bueu, Moaña e Cangas fixeron entregados vales á sasociacións, que desenvolven unha ampla actividade no día a día da comarca, prestando axudaa diversos colectivos.

No acto, o rexedor de Bueu e actual presidente da Mancomunidade do Morrazo, Félix Juncal,destacou os niveis de reciclaxe acadados. “Estamos na transición cara un novo modelo”, indicou Juncal, apelando ás novas directivas europeas ou estatais, como a de biorresiduos. “Esta iniciativa é moi fermosa porque nos permite axudar con premios económicos a tres colectivos que levan a cabo un enorme labor social na comarca”, concluíu.

Desde Ecoembes, Bruno de Llano, agradeceu o labor da Mancomunidade así como o da veciñanza, polo coidado de medio ambiente e á vez, das causas sociais. No acto tamén participou a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, que entregou o cheque a Adicam e a alcaldesa en funcións de Moaña, Marta Freire, que o fixo a Afamo. Félix Juncal, pola súa parte, entregou o premio de Bueu á Apropark.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...