InicioSOCIEDADEAbre o prazo de inscrición para as rutas "Sabor e mar"

Abre o prazo de inscrición para as rutas “Sabor e mar”

Publicado o

O Concello volve poñer en marcha este verán as rutas “Sabor e mar”, coas que se pretende achegar os recunchos naturais, culturais e gastronómicos da vila. Esta combinación experimentou unha boaacollidadurante o verán pasado, polo que se optou por repetir a fórmula. As rutas comezarán os sábados 18 e 25 de xuño e 2 de xullo, mentres que no resto do verán continuarán sendo os venres.

Tapa mariñeira dunha das rutas do verán pasado. Imaxe: Concello.

Cun custe de seis euros por persoa, as camiñadas comezarán ás 10.00 horas e inclúen unha ruta guiada por diversos recunchos da vila así como a degustación dunha tapa mariñeira elaborada por unha cociñeira profesional na Praza de Abastos. Para participar é preciso inscribirse previamente no correo turismo@concellodebueu.gal, no teléfono 986390029 (ext.5) ou a través do formulario dispoñible na web municipal.

“É importante que coñezamos os lugares máis destacados da cultura da nosa vila e os produtos que nos trae o mar”, explica a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo. Por ese motivo, desde o goberno local sinalan a súa aposta polo turismo sostible e de natureza, co obxectivo de coñecer o patrimonio natural e inmaterial da contorna, tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...