QUE É XdB?

Xornal de Bueu é a primeira publicación dixital da actualidade bueuesa. Naceu a finais do 2021 como un Traballo de Fin de Grao da xornalista Carmen García e titorizado por Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial. Este novo espazo informativo ten en conta os cambios e as novas dinámicas da sociedade, co obxectivo de conectar coa mocidade e dar visibilidade ás inquietudes que marcan o día a día da veciñanza. Ademais, toda a información deste novo dixital está en galego, contrastando co contexto mediático actual, no que a lingua ocupa unha posición minoritaria nos medios tradicionais.

O outro piar fundamental de Xornal de Bueu é a presenza en redes sociais onde se ofrecen contidos adaptados a cada plataforma. O dinamismo será o que marque os contidos. Non só haberá publicación de novas, as análises e reportaxes serán as absolutas protagonistas. A información será interactiva a través de todas as ferramentas posibles como mapas, gráficos, táboas ou liñas do tempo.

Xornal de Bueu continúa esta nova etapa da man de Galicia Confidencial (www.galiciaconfidencial.com), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes do panorama mediático de Galicia